18 ene 2015

A selección galega (masculina e feminina) compite no Mundial de Fútbol Gaélico que se celebra en marzo nos Emiratos Árabes

Entre o 5 e o 8 de marzo as seleccións galegas masculina e feminina estarán en Abu Dabhi (Emiratos Árabes) para competir con pleno recoñecemento no Mundial de Fúbol Gaélico, con Arxentina, Suráfrica e Golfo Pérsico, Italia, Francia ou a India, entre outros, como adversarios no seu grupo. Doce serán os xogadores e outras tantas as xogadoras que viaxarán até EAU para representar a Galiza e amosar a calidade e paixón coa que este deporte irlandés arraigou en Galiza.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario