31 dic 2014

Agasallo.eu, ideas para regalar en galego


"Agasallo.eu é unha plataforma en liña que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego de diverso tipo, para todas as idades e para todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Para que se coñeza o que existe en galego! ;-)

Cando unha persoa quere facer un regalo pode acceder aquí e buscar ideas e propostas, que pode consultar por tipo, idade da persoa á que vai destinado, prezo, etc., e atopar información completa sobre o produto e onde mercalo.

Agasallo.eu non é unha tenda en liña. Dáche ideas e propostas e indícache ou lévache a onde as podes adquirir, mais non se venden directamente a través desta plataforma.

Deste xeito, preténdese axudar a elixir agasallos e incitar que sexan en galego, visibilizar e dar a coñecer entre o conxunto da cidadanía creacións que usan a lingua galega, que a cidadanía coñeza que se poden regalar produtos no noso idioma de todo tipo e para todas as idades, incentivar a regalar filmes, libros, camisolas, discos, xogos, etc., e, en definitiva, creacións culturais galegas, e promocionar e apoiar os produtos e servizos de todo tipo, e as empresas, que usan o galego.

Así, aquí atoparás propostas organizadas en nove categorías: Libros, Música, Audiovisual, Xogos, Tecnoloxía, Téxtil, Experiencias, Alimentación e Outros.

Agasallo.eu está impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)".

No hay comentarios:

Publicar un comentario