8 dic 2014

A Saia, Hemeroteca Feminista Galega, promovida polo Consello da Cultura

Achegar ao mundo da investigación e ao público en xeral publicacións fundamentais para entender o movemento feminista galego e a historia do noso país no final do século XX. Este é o obxectivo da Hemeroteca Feminista Galega A Saia que presentou o 2 de decembro o Consello da Cultura Galega. Números íntegros e indexados das históricas revistas A Saia, Andaina e Festa da Palabra Silenciada inauguran un proxecto chamado a medrar. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario