4 nov 2014

HORARIO DE ACTIVIDADES DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

En Curtis a ciencia tamén se fai en galego, e hoxe sumámonos ás actividades programadas por toda Galicia cun Obradoiro para a fabricación de xabón, impartido por Candela Pérez Lata, ao que asistiu o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato. 
Mañá é o día grande: videoconferencia, xogos matemáticos, experimentos científicos e exposicións de Automoción, Informática, Tecnoloxía e Electricidade. 
Revisa o horario e recorda que no recreo hai entrada libre a todas as actividades. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario