19 nov. 2014

Ao cinema coa Esmorga!

Recorda que este venres, 21 de novembro, poderemos asistir en toda Galicia á estrea da Esmorga. A obra que vimos de ler en segundo de bacharelato fora levada á gran pantalla por Gonzalo Suárez no 1977 co título de Parranda. Só agora, 55 anos despois da publicación da novela en Bos Aires, contamos con versión cinematográfica galega, realizada por Ignacio Villar e protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris nos papeis protagonistas. 
A produción, de Vía Láctea Filmes e da Editorial Galaxia, iniciouse hai seis anos.

2 comentarios:

  1. Eu penso que estaría ben que nos levases ao cine vela jajajajajajaja

    ResponderEliminar
  2. Haberá que falalo. Se cadra, inda chegamos a trato...

    ResponderEliminar