18 nov 2014

A Academia solicita a inclusión expresa da toponimia tradicional na definición do " Concepto de patrimonio cultural inmaterial"






Nestes días, o Congreso dos Deputados está a preparar o Proxecto de Lei para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. Neste proxecto (Título I, art. 2) recóllense case literalmente como manifestacións deste patrimonio os ámbitos que establece a Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco (outubro, 2003; art. 2.2); pero, lamentablemente, non se inclúen os nomes tradicionais de lugar. A Real Academia Galega considera que cómpre unha mención explícita na devandita lei dos nomes xeográficos, sen prexuízo de que no desenvolvemento posterior desta se establezan figuras concretas de protección para a toponimia e, por tanto solicita a inclusión expresa da toponimia tradicional na definición do "Concepto de patrimonio cultural inmaterial".

No hay comentarios:

Publicar un comentario