6 jun 2014

Recibimos aos compañeiros e compañeiras do ENDL de Bande

O venres día 30, despois de enviármonos cartas "á antiga usanza" e mensaxes varias a través da rede, tivemos ocasión de facer realidade o que ata daquela só fora un contacto virtual. Ás 11: 30 chegaron os compañeiros e compañeiras do IES Aquis Querquernis de Bande e, logo de ensinarlles o centro, visitamos con eles algúns dos lugares de interese da nosa bisbarra: a igrexa románica de San Pedro de Mezonzo, o batán que se atopa nas inmediacións e cuxa construción orixinal se lle atribúe aos monxes do antigo mosteiro, o río Miño ao seu paso por Outeiro de Rei... Nesta mesma vila coñecemos a casa do poeta Manuel María e a súa tumba ante a que recitamos a "canción para cantar todos os días". 
Hoxe partimos nós cara Bande, así que en breve vos achegaremos o testemuño gráfico da nosa estadía nas terras da Baixa Limia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario