24 jun 2014

A noite de Sanxoán: lume, auga e herbas

 

 
A noite de Sanxoán é hoxendía unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha a nosa cultura. A noite de Sanxoan é en Galiza a noite dos milagres e dos feitizos. Pero antes de ser mutilada coa cristianízación, era a relixión popular na que os espíritos do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha vítima.
Pretender saber a oríxe desta litúrxia sería perder-se nos estádios máis ancestrais da vida mesma. Quizáis podería-se remontar ás civilizacións prehistóricas e sobre todo dende que o home se decata do movemento de translación ao redor do sol que anualmente percorre o noso planeta. Dita observación puido ser consolidada cando a humanidade logrou “domesticar” o lume. O dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dá-se o 21 de xuño, fenómeno natural coñecido como “solstício de verán”. A partir de entón, o tempo da claridade solar vai deminuindo paseniño até o “solstício invernal” no día de San Silvestre. De seguido, a luz diurna vai medrando até repetir o ciclo.
No mundo fantástico, esta noite é a noite do lume, coas lumeiradas, as fogueiras, as cachelas ou cacharelas; pero tamén da auga, na que reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, das nove ondas do mar (que purifican e fecundan) e do orballo; e tamén do mundo vexetal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario