14 mar 2014

V Concurso de viñetas: Dá igual? Igual non dá

“Os homes, os seus dereitos, e nada máis, as mulleres, os seus dereitos, e nada menos”.

                                                                                           Susan B. Anthony

 

Co gallo da conmemoración do Día de Muller,  a Deputación da Coruña convoca por quinto ano consecutivo o V Concurso de Viñetas que este ano leva por título “¿Dá igual? Igual non dá”, co obxectivo de  xerar reflexión e conciencia na mocidade, sobre a igualdade de xénero no ámbito educativo, así como fomentar a súa participación social.
O obxectivo deste certame é empregar a viñeta para a concienciación do alumnado na necesidade de cambiar os valores e modelos para conseguir a igualdade de xénero real. Así, poderán participar no concurso todas as persoas de entre 12 e 18 anos que o consideren e tanto de forma individual como en grupo. Dende a institución provincial preténdese así facer reflexionar á mocidade, xa que é o motor do cambio no futuro.
A viñeta ou tira de viñetas (ata un máximo de seis) terán que presentarse xunto co resto da documentación no Rexistro Xeral da Deputación antes do 8 de abril. A concesión do premio decidirase antes do 28 abril e entre o xurado haberá unha persoa de recoñecido prestixio no eido do deseño gráfico.
En canto aos premios, seleccionarase a tres finalistas. Os tres serán obsequiados cunha tableta electrónica e unha colección de cómics.

Consulta as bases


No hay comentarios:

Publicar un comentario