3 feb. 2014

Deus xogando aos dados

España recibiu entre 1942 e 1944 máis de 5.000 lingotes de ouro que os nazis obtiveran das moas, xoias e demais pertenzas dos xudeus. Con eles pagábase o wolframio das minas galegas que España enviaba a Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial. Estes son os dous elementos de base histórica cos que Fernando Méndez, autor da novela que estamos a ler en 1º de bacharelato e que en breve visitará o noso centro, tece os fíos da súa historia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario