19 feb 2014

Centenario do nacemento de Díaz Castro


Cando se cumpre o centenario do nacemento de Díaz Castro, o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz comparte con todos nós o documental A lus do mundo.





E para os que queiran saber máis, Daniel Lata Valiño, de 2º de bacharelato, déixalles unha recensión sobre o autor. 

Xosé Mª Díaz castro foi un poeta e tradutor nado en Vilariño, concello de Guitiriz, hai hoxe cen anos. Finou en Lugo en 1990 e este ano dedicaráselle o Día das Letras Galegas. 
O escritor nace nunha familia labrega e con quince anos ingresa no Seminario de Mondoñedo. Uns anos despois é chamado a filas, participando na Guerra Civil como padioleiro e practicante. 
Despois do seu paso polo exército, remata bacharelato e licénciase en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca. Ao rematar os estudos, trasladarase a Madrid, onde realiza os seus traballos como tradutor para organismos oficiais e privados e exerce como profesor de linguas clásicas e modernas.
Díaz Castro publica as súas primeiras composicións en revistas como La Noche, Cartel ou Sonata Gallega. Cómpre destacar o premio que recibe nos Xogos Florais de Betanzos polos poemas “El Cántico de la Ciudad en castelán” e “Nascida d'un soño en galego”. 
A pesar de todo isto, está considerado como o autor de unha única obra, Nimbos, que tivo moita influencia nos escritores contemporáneos debido á preocupación por Galicia, a vida, o paso do tempo ou a morte como temas principais. 
No seu poema máis famoso, “Penélope”, reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, agardando o seu espertar. 
Canto ao estilo, cabe destacar a utilización dunha linguaxe rica e coidada, acompañada dunha temática existencial e comprometida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario