20 jun 2013

Cos pés na terra e a cabeza nas nubes, mellor blog do I Certame de Blogs Escolares



 
Cos pés na terra e a cabeza nas nubes erixiuse como blog gañador do I Certame de Blogs Escolares do IES de Curtis. A bitácora realizada por Tadeo Vaamonde Lesta de 4º ESO C e María José Martínez Prado de 1º bacharelato conta xa cun bo número de visitas e seguidores nas redes sociais e foi elixida por unanimidade por todos os membros do xurado. 
O segundo lugar da clasificación foi para Patricia Sánche Seoane de 2º bacharelato polo blog da Asociación Cultural Faragullas á que ela pertence. 
Parabéns e a seguir enchendo a arañeira dixital de contidos galegos! 

2 comentarios:

  1. Unha cousiña, é Maria José Martínez Paz non Prado

    ResponderEliminar
  2. Vaia, mil perdóns! Tomo nota porque imos incluír a páxina de inicio do voso blog na axenda escolar do ano que vén e prometo poñer os datos correctos.

    ResponderEliminar