20 feb 2013

Gaiteiros e gaiteiras do IES de Curtis, sumámonos á Alborada a Rosalía?




Con motivo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalia de Castro, a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega, a Asociación de Gaiteiros Galegos e a Universidade de Vigo organizan distintos actos para a conmemoración desta data.
Entre elas, a Alborada para Rosalía. Para iso convocan a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia a que na mañá do 24 de febreiro saian ás rúas, camiños, prazas e lugares simbólicos para botar unha peza na honra da poeta. Recomendan espallar unha octavilla co manifesto, que explica o motivo e razón da iniciativa.
Para a homenaxe colectiva as persoas participantes gravarán a intrepretación dunha peza ou outras actividades que se espallarán nas redes sociais.
Aquí podedes ver todos os detalles da convocatoria. Apuntámonos? 
E para que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta luns 25 durante o recreo no patio cuberto, podemos repetir a actuación para o conxunto da Comunidade Educativa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario