25 feb 2013

Chiade e rechiade a boa nova!

 
 O 2 de xuño de 2012 dende este blog (http://sondenoso.blogspot.com.es/2012/06/por-un-twitter-en-galego-xa.html) uniámonos á campaña pola que a comunidade internauta reclamaba un Twitter en galego.
Grazas á mobilización de empresas, particulares e asociacións e, grazas, sobre todo, aos voluntarios e voluntarias que realizaron a tradución, contamos dende o 20 de febreiro con Twitter na nosa lingua. 
Mudar a lingua é doado: entra en settings, logo en account e cambia en  language para o galego.  
Agora Follow é SeguirTweet dise Chío, os Trends son Tendencias e cando un chío é repetido por un usuario dise que foi rechiado.





Chiade, pois, e rechiade a nova!

No hay comentarios:

Publicar un comentario