16 may 2012

A rede ferve na celebración do 50 aniversario das Letras


A rede ferve, ateigada de iniciativas para celebrar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas. Manifestos, reportaxes sobre a situación que está a vivir a lingua, propostas varias para facer chegar o galego a todos os recunchos, e concursos, moitos concursos. Algúns xa remataron  e outros están a piques de facelo. Mantéñense ata o 17 os seguintes:

Lingua de namorar. Convocado pola SXPL e a Dirección Xeral de Xuventude. Cómpre mandar unha mensaxe de amor en prosa ou verso non superior a 350 caracteres. Os premios son substanciosos e se non te animas a participar, podes votar na elección dos gañadores ata finais deste mes.

Adiviña @s autor@s. Proposto por Galegolab co fin de fortalecer o uso das redes 2.0 e o coñecemento dos autores e autoras homenaxeados no Día das Letras.

Redeseña o logo de Cabozo. Iniciativa convocada por Galegolab e a rede social galega Cabozo. O deseño gañador será  a cabeceira de Cabozo ata finais de mes.
Outras iniciativas promovidas por Galegolab que non son concurso, pero responden aos mesmos fins cós anteriores son:

Lectura global en Youtube, tamén de Galegolab. Consiste na achega dunha peza audiovisual de gravación propia na que deamos lectura a un poema ou algún fragmento dunha obra dos autores homenaxeados ao longo destes 50 anos. Aquí podes ver algunhas das pezas presentadas.

Agasallo sincronizado para o mundo, do que demos conta neste blog en días pasados.

Anímate e participa que aínda estás a tempo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario