13 mar 2016

Serie Nomes propios: nº 2 Jorge Peteiro

Inaugurabamos hai un ano a serie Nomes propios, un proxecto co que pretendemos visibilizar os nomes das mulleres e dos homes da contorna. Se aquel primeiro número lle corrrepondeu a Antonio Gómez Carneiro, alcalde republicano do concello de Mesía, nesta ocasión será o pintor Jorge Peteiro, ligado familiarmente ao concello de Curtis, o homenaxeado.
A iniciativa, financiada polo concello de Curtis, ten texto de Cristian Morandeira Gómez e Paula Presedo Vázquez (da casa dos Peteiro), alumnos de 3º ESO. maquetación corre a cargo de Óscar Canal que lle volve facer un espléndido regalo ao ensino público. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario