14 feb 2016

Son curtas: Entrevías



Paula Roade Pérez, de 4º ESO, recoméndanos a curta da semana

Título: Entrevías

Director: Edu Lavandeira

Produción: produción propia

Ano: 2009

Actores: Federico Pérez e Santi Jul

Sinopse:

Un home chega ás vías do tren para suicidarse. Deixa pasar un tren, polo que se ve que non o ten claro. Entón, chega un vendedor de seguros que lle pregunta se se vai suicidar, e que, se é así, non pode facelo sen antes contratar un seguro de vida. O home explícalle que é limpador de lápidas e que, esa mañá, estivera a piques de morrer porque ía caerlle unha encima. Entón, o home dille que viu imaxes de toda a súa vida e que nelas, aparecía liándose cun home nunha noite de borracheira. O vendedor de seguros, tentando convencer ao home de que non se suicide, cóntalle a súa propia experiencia. Dille que fai un mes saíu e que non se acorda de nada salvo do nome do último local no que estivo. Os locais coinciden, e danse conta de que se liaron un co outro. Como afectará isto á vida de cada un?


No hay comentarios:

Publicar un comentario