Quita o deseñador/a
que levas dentro, retranca e humor non che faltan, e participa no II Certame de
Deseño de Galcamisetas convocado polo ENDL do IES de Curtis.
Bases
1. Poderá participar
todo o alumnado matriculado no centro. Non hai límite no número de modelos
presentados por cada concursante.
2. Os modelos, orixinais e inéditos, deberán incluír texto en lingua galega, imaxe ou, preferentemente, unha combinación de ambos os dous para imprimir na parte dianteira e/ou traseira dunha camiseta.
2. Os modelos, orixinais e inéditos, deberán incluír texto en lingua galega, imaxe ou, preferentemente, unha combinación de ambos os dous para imprimir na parte dianteira e/ou traseira dunha camiseta.
3. Valoraranse os
deseños que destaquen algunha peculiaridade da idiosincrasia galega e, en
xeral, a retranca, o humor e a orixinalidade. Rexeitaranse as mensaxes
sexistas, racistas ou xenófobas.
4. O modelo elixido
porase á venda para cofinanciar as excursións do alumnado do centro ou
agasallar os relatores ou persoas convidadas ao noso IES.
5. A persoa gañadora
recibirá un vale por importe de 30€, unha camisetas de balde e a honra de
que o seu deseño sexa lucido en todo o mundo mundial.
6. O prazo de entrega ten como data límite o 6 de xuño. Os traballos deberán presentarse no seminario de lingua galega ou en secretaría. Irán acompañados dun sobre pechado no que se inclúan os datos: nome, curso e grupo do autor ou autora.
7. O xurado estará
constituído por alumnado de ciclos formativos, bacharelato e dous profesores/as
do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario