21 abr 2014

Contra os estereotipos no rural: Antía Vázquez

Poucas veces con dezasete anos se teñen as ideas tan claras. Velaquí unha entrada que nos deixa hoxe o profesor e crítico literario Ramón Nicolás no seu blog  Caderno da crítica: 

"Ao abeiro dunhas actividades denominadas «Parladoiros» organizadas pola Fundación Galicia Sustentable, Antía Vázquez expón un discurso sólido contra os estereotipos da vida no rural. A rotundidade dos seus argumentos, con apenas dezasete anos, non deixa lugar a dúbidas da súa madureza nin tampouco dunha visión desde dentro, experimentada e tamén esperanzada deste asunto".


No hay comentarios:

Publicar un comentario