31 mar 2014

Natalia Suárez Mandayo déixanos unha recensión sobre Os Herdeiros da Crus e un enlace do concerto de Ordes co que en 2012 a banda celebrou o seu XX aniversario. 


Os Heredeiros da Crus creánronse en Castiñeiras (Ribeira) no ano 1992 por iniciativa de Toñito de Poi. Nese mesmo ano gravaron o seu primeiro traballo A Cuadrilla de Pepa a loba. A banda compoñíana un grupo de 5 rapaces de Castiñeiras: Tuchiño, era o guitarrista e a voz, Tonhito de Poi que tocaba a guitarra rítmica e facía os coros, O fillo da Necha (Javi Maneiro) que é a voz do grupo, O Jran Fran (Francisco Velo) que toca o baixo e Beni que toca a batería no grupo.

Despois de pasar moitos anos gravando discos e de ter moita sona, no ano 2005 separáronse e algúns dos compoñentes pasaron a formar parte doutras bandas.

No ano 2012 falábase de que volvían os máis jrandes, non se soubo quen eran ata que o 24 de maio dese mesmo ano deron un concerto en Ordes no que presentaron o seu novo disco, Jard Rock con fe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario