20 oct 2013

Touporroutou da lúa e do sol



    
Os alumnos e alumnas de 1º ESO fixemos a nosa primeira saída extraescolar deste curso. A semana pasada, logo de traballar na aula a obra de R. Vidal Bolaño Touporroutou da lúa e do sol, asistimos no Salón Teatro de Santiago á coprodución do Centro Dramático Galego e de Teatro do Noroeste. 
Os decorados foron o que máis nos sorprendeu, xa que nos resultaba difícil imaxinar como se podían representar algunhas pasaxes; entre elas, o Inferno ou o Diluvio Universal. 
Logo do teatro agardábanos unha visita guiada ao MUPEGA. O tempo chegou a pouco, pero gustounos especialmente a escola dos nosos avós e os xoguetes que eles utilizaban. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario