2 may 2013

I Concurso Fotográfico Mira a Túa Contorna


I CONCURSO FOTOGRÁFICO MIRA A TÚA CONTORNA

 O ENDL do IES de Curtis convoca o primeiro certame fotográfico dun proxecto plurianual que pretende dar a coñecer o patrimonio paisaxístico, medioambiental e artístico da nosa contorna. 

 BASES 

1. Participantes. Poderá concursar calquera membro da Comunidade Educativa, que presente unha obra inédita e que non fora premiada ou seleccionada noutros certames. 

2. Tema. O tema da edición 2013 é a auga (fervenzas, ríos, fontes, canos de auga, gárgolas, pozos, pozas, quenllas dos muíños, encoros... e, en xeral, calquera imaxe suxestiva relacionada coa auga). 

3. Datos técnicos. 
• As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor 
• Presentaranse en formato dixital JPG ou TIFF, coa máxima calidade 
• O número de imaxes por participante é ilimitado 
• Acéptanse retoques fotográficos, pero non fotomontaxes 

4. Prazo de entrega. O prazo límite de entrega é o 15 de maio. 

5. Presentación. Deberán enviarse por correo electrónico ao enderezo sondenoso.auga@gmail.com. Xunto coa imaxe achegarase un arquivo no que figuren o nome e apelidos da persoa que a envía e curso ou estamento ao que pertence no seo da Comunidade Educativa. 

6. Premio. O gañador ou gañadora recibirá unha Tableta dixitalizadora. A fotografía imprimirase en formato 30x50, enmarcarase e pendurarase nun lugar visible do centro xunto co nome do autor ou autora e o curso académico ao que pertence. Co conxunto das imaxes presentadas realizarase unha exposición. 

7. Xurado. Estará constituído por seis membros do profesorado e alumnado do IES de Curtis. O premio poderá ser declarado deserto ou, se pola contra a calidade dos traballos o require, engadirse accésits.

3 comentarios:

  1. As fotografias poden ser en color sepia ?

    ResponderEliminar
  2. AS fotos poden ser en cor sepia ?

    ResponderEliminar
  3. Si, aínda que as bases indican branco e negro ou en cor, claro que poden ser en sepia. Fai pronto o envío que remata o prazo e hainas ben lindas.

    ResponderEliminar