7 may 2013

Gallego sinónimo de tonto ata o 2014 no dicionario da Real Academia Española

Coñecida é a campaña que se levou a cabo hai uns anos para que a Real Academia Española retirase do seu dicionario dúas das acepcións da palabra gallego, por ser pexorativas para todos nós:
5. adj. C. Rica. tonto (falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
Diversas voces chamaron tamén a atención naquel momento sobre a maneira ben distinta de definir a nosa lingua e a dos cataláns e os vascos. As protestas levaron a que D. José María Blecua, secretario da RAE, anunciase hai catro anos que na edición de 2013 se eliminaría a acepción " tonto" (aínda que non se modificarían os outros desaxustes). Atrásase a edición ata o 2014, así que, oficialmente seguimos sendo tontos. 
Le a nova en El País

No hay comentarios:

Publicar un comentario