24 may 2013

Ampliado o prazo de entrega de imaxes para o CONCURSO FOTOGRÁFICO MIRA A TÚA CONTORNA

A participación no I CONCURSO FOTOGRÁFICO MIRA A TÚA CONTORNA está a ser elevada e as imaxes presentadas falan moito da beleza da bisbarra curtiense. Porén, e dado que algúns de vós manifestastes o desexo de participar e a dificultade de facelo nestas datas nas que se acumula o traballo, decidimos ampliar o prazo de entrega ata o mércores 29 de maio. Esta será a data límite para enviar os traballos a sondenoso.auga@gmail.com . O xurado terá unha dificil tarefa por diante, pero a exposición vai quedar preciosa. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario