17 abr 2013

Lingua en Titulares


Benvida sexa a nova iniciativa que veñen de poñer en marcha o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia e o Consello da Cultura Galega: a creación dun xornal dixital, Lingua en Titulares, que nos permite consultar dun xeito rápido e moi cómodo todas as novas, opinións e reportaxes relacionadas coa lingua. 
O diario, que se nutre da información aparecida nos distintos medios de comunicación electrónicos e de Twitter, permítenos facer buscas por: nome propio, tema, fonte, data e texto. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario