8 abr 2013

ENCONTRO CON CARLOS NEGRO

       O pasado 18 de marzo, tivemos a sorte de contar, dentro da Semana Cultural do noso IES, coa presenza do poeta Carlos Negro, que nos levou da man polo vertixinoso mundo de Makinaria, libro no que presenta ese particular mundo dos mozos que cada sábado saen "queimar roda", no que se combinan música, velocidade, adrenalina... e o perigo dunha curva mal dada, que pode significar o GAME OVER de calquera. Ben valeu a pena esta experiencia, que nos valeu para comprobar que a poesía está máis viva ca nunca... e moito máis preto do que poidamos pensar. Velaquí unha mostra do encontro e do traballo dos rapaces tras ler o poemario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario