22 abr 2013

Colabora connosco na recuperación do léxico patrimonial

Zucio (demo), xogar ó couto (xogar á panda), planar (quitar a plana ou pel ás patacas) son algunhas formas do noso léxico patrimonial que só oímos esporadicamente na fala dos maiores. Para recuperalas, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES de Curtis vén de poñer en marcha unha campaña que leva por nome Palabras esquecidas. Colabora connosco e envíanos a túa achega. Co conxunto das voces recompiladas editaremos un folleto e achegarémosllelas á AELG para que as incorpore á súa web.

No hay comentarios:

Publicar un comentario